Un repoludo gaiteiro De pano sedán vestido Como un príncipe cumprido Cariñoso e falangueiro Entre os mozos o primeiro E nas cidades sen par Tiña costume en cantar Aló pola mañanciña Con esta miña gaitiña Ás nenas hei de enganar
Con esta miña gaitiña Ás nenas hei de enganar
Sempre pola vila entraba Con aquel de señorío Sempre con puxante brío Co tambor se acompasaba E se na gaita sopraba Era tan dóce soprar Que fixera en cantar Aló pola mañanciña Con esta miña gaitiña Ás nenas hei de enganar
Con esta miña gaitiña Ás nenas hei de enganar
Todas por el reloucaban Todas por el se morrían Se o tiñan cerca sorrían Se o tiñan lonxe choraban ¡Mal pecado! Non coidaban
Que caquel seu frolear Tiña costume en cantar Aló pola mañanciña Con esta miña gaitiña Ás nenas hei de enganar
Con esta miña gaitiña Ás nenas hei de enganar
Camiño da romaría Debaixo dunha figueira Cánta meniña solteira ¡Quérote! Lle repetía E el coa gaita respondía Por a todas embaucar Pois ben fixera en cantar Aló pola mañanciña Con esta miña gaitiña Ás nenas hei de enganar
Con esta miña gaitiña Ás nenas hei de enganar
¡Nas festas, cánto contento! ¡Cánta risa nas fiadas! Todas, todas namoradas Déranlle o seu pensamento E el que de amores sedento Quixo a todas enganar Cando as viu despois chorar Cantaba nas mañanciñas Non sexan elas toliñas Non veñan ao meu tocar