Espertamos coa lúa ainda no ceo 
 Sen máis xente que o frío na rúa 
 Ducha morna, café e mala hostia 
 Por diante dez horas no inferno 
    Dende hai anos repetindo o mesmo 
 Colle a funda e vai pra cadea 
 Traballar coa boca pechada 
 Traballando e berrando en silencio 
 Canto máis hai que agardar? 
 Cando imos perde-lo medo? 
 O medo a loitar!   
 Pra os que non viven só traballan 
 Pra encher de cartos ao patrón 
 I están no fío da navalla 
 Pois ben sabemos que o xogo está claro 
 Seguir producindo, seguir traballando 
 Sermos monicreques en mans duns bastardos 
 Mais que estean certos que a clase operaria 
 Non esquecerá   
 E nós cambiaremo-la historia 
 I eles terán a súa ración 
 Agora baixo a nosa bota 
 Veremos que ben o pasan choiando 
 Coa testa agachada e suando o bandullo 
 Sentíndose nada, tragándose o orgullo 
 Xeonllos na terra, ollando a derrota 
 E pedindo perdón   
 Sufrindo, loitando, sabendo 
 Que algún día imos ser nos quen venceremos 
 Seguimos téntandoo 
 Tarde ou cedo, todo vai cambiar!