Xa estou aqui, vin polo vento
Xa mirei tras do ceo, eu aquí son feliz
Sinto todo no peito, igual que cando era un neno
Un camiño longo e bravo
Así como fixeron outros antes de min
Morría por sentir teu regazo, miña terra que amo
Se nos rouban toda a auga do río pois iremos xuntos chorar
Que dentro gardamos bastante
Se nos pintan o verde de negro imos a rascar coas mans
Xa fixémolo antes
Que nosa historia está gravada en ferro, non se pode arrincar
Vai fundida no sangue
E que poñan pedras no camiño mais aquí non imos parar
De levar toda a vida pa' adiante
Pa' diante
Mira que eu vin soles fuxir
Pero ningún tan fermoso como o que hai por eiquí
Sinto todo no peito, igual que cando era un neno
Un camiño longo e bravo
Así como fixeron outros antes de min
Morría por sentir teu regazo, miña terra que amo
Se nos rouban toda a auga do río pois iremos xuntos chorar
Que dentro gardamos bastante
Se nos pintan o verde de negro imos a rascar coas mans
Xa fixémolo antes
Que nosa historia está gravada en ferro, non se pode arrincar
Vai fundida no sangue
E que poñan pedras no camiño mais aquí non imos parar
De levar toda a vida pa' diante
Pa' diante, pa' diante, pa' diante